Unha pandemia é unha epidemia que afecta a toda a Terra ou a unha ampla rexión desta. Segundo a Organización Mundial da Saúde, para que poida aparecer unha pandemia precísase que apareza un virus novo, o que implica que a poboación non é inmune a el. Ademais, o virus ten que ser capaz de infectar a humanos causando enfermidades graves e que o virus teña a capacidade de transmitirse de persoa a persoa de forma eficaz.