Pandemia de COVID-19

Extensión da pandemia o 13 de agosto de 2020.
  + 10 000 casos confirmados por millón
  3 000–10 000 casos confirmados por millón
  1 000–3 000 casos confirmados por millón
  300–1 000 casos confirmados por millón
  100–300 casos confirmados por millón
  >0–100 casos confirmados por millón
  Sen casos confirmados ou sen datos

A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país.[1][2] O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.[3] A data do 13 de agosto, máis de 20 millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos, Brasil, India, Rusia, Suráfrica, Perú, México, Colombia, Chile, España, Irán e o Reino Unido.[4][5] Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron.[5]

Con motivo da pandemia da COVID-19 as autoridades sanitarias de todo o mundo lanzaron mensaxes de como actuar para previr a enfermidade ou que facer de ter síntomas con mensaxes en televisión, radio, Internet e nas rúas. Na imaxe un decálogo das autoridades sanitarias de Galicia de como actuar no caso de ter síntomas exposto nun comercio galego.

A transmisión do virus entre as persoas é semellante á da gripe, a través das vías respiratorias por tusir ou esbirrar.[6][7][8] O tempo entre a exposición e a aparición dos primeiros síntomas é polo xeral de cinco días, mais pode variar dende os dous ós catorce días.[8][9] Os síntomas máis comúns son febre, tose e falta de alento.[8][9] As complicacións poden incluír pneumonía e síndrome de dificultade respiratoria aguda. No presente, non existe unha vacina ou tratamento antiviral específico, mais estanse a facer investigacións. Os esforzos están dirixidos a controlar os síntomas e coidados de apoio. As medidas preventivas recomendadas inclúen a hixiene das mans, manter a distancia con outras persoas (particularmente aquelas que estean enfermas), e a monitorización e illamento durante catorce días das persoas sospeitosas de estaren infectadas.[7][8][10]

A resposta das autoridades sanitarias en todo o mundo inclúe medidas como as restricións de viaxes, corentenas, toques de queda e peches de colexios. Isto supuxo a corentena de toda Italia e da provincia chinesa de Hubei; toques de queda na China e en Corea do Sur;[11][12][13] métodos de detección en aeroportos e estacións de tren;[14] e advertencias de viaxes a rexións con transmisión comunitaria.[15][16][17][18] As escolas foron pechadas a nivel local ou nacional en máis de 190 países, afectando a máis do 90% dos estudantes do mundo.[19]

Os efectos mundiais da epidemia implicaron inestabilidade política e social,[20][21] xenofobia e racismo contra persoas de ascendencia chinesa ou de Asia oriental,[22][23][24][25][26] e a difusión en liña de desinformación e teorías da conspiración sobre o virus e a súa orixe.[27][28][29]

  1. "Coronavirus disease (COVID-19) outbreak". who.int. Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  2. BBC News, ed. (31 de xaneiro de 2020). "Coronavirus declared global health emergency". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  3. Organización Mundial da Saúde, ed. (11 de marzo de 2020). "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 - 11 March 2020". Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  4. "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer". www.worldometers.info (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 ""Coronavirus COVID-19 Global Cases by Johns Hopkins CSSE"". gisanddata.maps.arcgis.com. (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  6. "Getting your workplace ready for COVID-19" (PDF). World Health Organization. 27 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Q&A on coronaviruses". Organización Mundial da Saúde (WHO). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Symptoms of Novel Coronavirus (2019-nCoV) | CDC". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Rothan, Hussin A.; Byrareddy, Siddappa N. (26 de febreiro de 2020). "The epidemiology and pathogenesis of coronavirus disease (COVID-19) outbreak". Journal of Autoimmunity: 102433. ISSN 0896-8411. doi:10.1016/j.jaut.2020.102433. 
  10. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  11. "Coronavirus: Shanghai neighbour Zhejiang imposes draconian quarantine". South China Morning Post. 6 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  12. Marsh, Sarah (23 de febreiro de 2020). The Guardian, ed. "Four cruise ship passengers test positive in UK – as it happened". ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  13. CNN (ed.). "新型肺炎流行の中国、7億8000万人に「移動制限」" (en xaponés). 
  14. "Coronavirus Update: Masks And Temperature Checks In Hong Kong". Nevada Public Radio. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  15. "Coronavirus Disease 2019 Information for Travel". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 3 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  16. Deerwester, Jayme; Gilbertson, Dawn. "Coronavirus: US says 'do not travel' to Wuhan, China, as airlines issue waivers, add safeguards". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  17. "Coronavirus Live Updates: Europe Prepares for Pandemic as Illness Spreads From Italy". The New York Times. 26 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  18. Government of the United Kingdom (ed.). "Coronavirus (COVID-19): latest information and advice". Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  19. "Coronavirus impacts education". UNESCO (en inglés). 4 de marzo de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020. 
  20. The New York Times, ed. (29 de febreiro de 2020). "Here Comes the Coronavirus Pandemic – Now, after many fire drills, the world may be facing a real fire.". Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  21. Krugman, Paul (27 de febreiro de 2020). The New York Times, ed. "When a Pandemic Meets a Personality Cult". Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  22. Young, Evan (31 de xaneiro de 2020). "'This is racism': Chinese-Australians say they've faced increased hostility since the coronavirus outbreak began". Special Broadcasting Service. 
  23. Iqbal, Nosheen (1 de febreiro de 2020). The Observer, ed. "Coronavirus fears fuel racism and hostility, say British-Chinese". ISSN 0029-7712. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  24. "Coronavirus fears trigger anti-China sentiment across the globe". Global News. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  25. Yeung, Jessie. CNN, ed. "As the coronavirus spreads, fear is fueling racism and xenophobia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  26. Darrach, Amanda (25 de febreiro de 2020). "The new coronavirus and racist tropes". Columbia Journalism Review. 
  27. NPR (ed.). "Fake Facts Are Flying About Coronavirus. Now There's A Plan To Debunk Them". Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  28. Perper, Rosie (5 de marzo de 2020). Business Insider, ed. "As the coronavirus spreads, one study predicts that even the best-case scenario is 15 million dead and a $2.4 trillion hit to global GDP" – vía Yahoo!. 
  29. Clamp, Rachel (5 de marzo de 2020). The Conversation, ed. "Coronavirus and the Black Death: spread of misinformation and xenophobia shows we haven't learned from our past" – vía Yahoo!. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy