Papiro Ebers

Papiro Ebers.

O Papiro Ebers é un dos máis antigos tratados médicos coñecidos. Redactado no antigo Exipto, contra o ano 1500 antes da nosa era, está datado no 8º ano do reinado de Amenhotep I,[1][2][3] da dinastía XVIII. Aínda que outros exiptólogos dan datas máis recentes e citan sobre todo o reinado de Amenhotep III nos séculos XIV ou XV a. C. (data variábel segundo os exiptólogos).[4][5]

Descuberto por Edwin Smith en 1862, na tumba de Assasif, en Luxor, entre os restos dunha momia, comprouno decontado o exiptólogo alemán Georg Moritz Ebers, ao que debe o seu nome e a súa tradución. Actualmente consérvase na biblioteca da Universidade de Leipzig.[6]

É tamén un dos máis longos documentos escritos encontrados do antigo Exipto: mide máis de vinte metros de lonxitude e uns trinta centímetros de alto, e contén 877 parágrafos que describen numerosas enfermidades en varios campos da medicina como a oftalmoloxía, xinecoloxía, gastroenteroloxía etc., e as correspondentes prescricións, así como un primeiro esbozo da depresión nerviosa. Representa tamén o primeiro documento humano que fai referencia ao cancro.

Está escrito en hierático. Consta de 110 páxinas contendo unhas 700 fórmulas maxistrais e remedios.

  1. Véxase páxina 19 en The Egyptians, Barbara Watterson, Blackwell Publishers, 1997.
  2. Véxase páxina 690 en Encyclopaedia of the history of science, technology, and medicine in non-Western Cultures, Helaine Selin, Kluwer Academic Publishers, 1997.
  3. Véxase páxina 41 en The experience of ancient Egypt, Dr Ann Rosalie David, Routlegde, 2000.
  4. 1408 a.C, segundo Claire Lalouette, Thèbes ou la naissance d'un empire, Champs Flammarion, 1995, páx. 419. ISBN 2-08-081328-5
  5. 1390 a.C., segundo Nicolas Grimal, Histoire de l'Égypte ancienne, Le Livre de poche Références-Arthème Fayard, 1988, páx. 265. ISBN 2-253-06547-1
  6. Consulta en liña do papiro no sitio do Papyrus-Projekt, proxecto papirolóxico das universidades de Halle - Jena - Leipzig.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy