Parachutes | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Coldplay | ||||
Publicado | 10 de xullo do 2000 | |||
Gravación | novembro de 1999 - maio do 2000 | |||
Duración | 41:48 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, post-britpop | |||
Selo(s) | Capitol, Parlophone | |||
Produtor | Coldplay, Ken Nelson, Chris Allison | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Parachutes é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, editado o 10 de xullo do 2000 polo selo Parlophone no Reino Unido. O álbum foi producido polo grupo e o produtor inglés Ken Nelson, agás un tema, "High Speed", producido por Chris Allison. De Parachutes editáronse os exitosos sinxelos "Shiver", "Yellow", "Trouble" e "Don't Panic".
O disco tivo bastante éxito comercial e tivo críticas positivas. Despois da súa edición chegou rapidamente ao número 1 no Reino Unido, e dende entón foi certificado 7 veces platino. Nos Estados Unidos acadou o número 51na lista Billboard 200, e foi certificado 2 veces platino dende entón nese país. O disco gañou o premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa no ano 2002 e o Brit ao mellor álbum británico no ano 2001.