Parafilia

Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual.[1] Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual. Hoxe moitos autores consideran que as parafilias son parte das chamadas "novas adiccións", e polo tanto equivalentes a outras condutas derivadas dos trastornos no control dos impulsos.[2]

  1. BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 968-860-751-7.  (en castelán)
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome montejo

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in