Paramount Pictures

Logo de Paramount Pictures.
Entrada dos estudios.

Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudios máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Paramount Global e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, MGM, Columbia Pictures e RKO.

Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorioso polas superproducións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1932). Por outra banda, os musicais non podían compararse cos de Metro.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy