Parede

Esquema dunha parede.

Unha parede (do latín: paries, -ĕtis[1]) é unha obra levantada verticalmente, que forma o exterior dun edificio ou serve para cerrar un espazo ou para dividilo[2] A súa forma adoita ser prismática e as súas dimensións horizontal (longo) e vertical (alto) son sensibelmente maiores ca o seu espesor (largo).

Trátase dun termo bastante amplo. En construción, se ten función estrutural ou para sustentar os elementos estruturais superiores, adoitamos falar máis ben de muro. En caso de ser de pouco grosor e non soportar carga, sería sinónimo de tabique, normalmente dividindo pezas ou interior dunha casa, nave etc. (chamado caneiro cando o tabique é de madeira)[3]. O contrario sería a parede mestra, aquela parede grosa que soporta o teitume.

Un valado ou valo sería tamén unha parede, construción vertical non moi alta, de pedra ou outro material coa que se cerra ou delimita un espazo. A palabra inglesa wall (muro, parede) ten a mesma orixe ca a galega valo[4].

  1. Real Academia Española
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=parede&sinom=0&homonimo= |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=19 de febreiro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160225133831/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=parede&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=25 de febreiro de 2016 |urlmorta=yes }}
  3. "Caneiro en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  4. "Valado en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy