Parlophone | |
---|---|
Tipo | selo discográfico e marca rexistrada |
Data de fundación | 1896 |
Fundador(es) | Carl Lindström A.G. |
Organización matriz | Warner Music Group |
País | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.parlophone.co.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Parlophone é un selo discográfico fundado en Alemaña en 1896 pola Carl Lindström Company como Parlophon, a filial británica xurdiu en 1923 como "Parlophone" e durante os anos '20 converteuse nun selo líder no jazz. En 1927, foi adquirida por Columbia Gramophone Company, que máis tarde se convertería en EMI. A mediados de 1962[1] converteuse nun dos selos discográficos máis importantes do mundo cando un directivo, George Martin, contratou a The Beatles, chegando a producir os seus primeiros nove álbums e os sinxelos correspondentes.[2]