Pastel (arte)

Este artigo trata sobre a técnica pictórica, para a torta véxase Pastel.
Pastel de óleo.

O pastel é un material artístico para pintura e/ou debuxo existente en barras, bastóns cilíndricos ou até en lapis, feito cunha masa de auga á que se lle mesturan pigmentos de cores variadas.

Por extensión denomínase pastel á técnica de pintura que emprega este material ou lapis e á obra feita con esta técnica. Tamén se lle chama pastel á cor ou ton doce, suave e clara (cores ou tons pasteis)[1].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pastel.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in