Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O termo patois describe unha variedade non estándar dunha lingua ou unha lingua considerada rexional ou mesmo un dialecto polas autoridades dun Estado. O termo emprégase principalmente en Francia pero tamén en Bélxica, Suíza e Italia dunha forma claramente pexorativa para denominar linguas que se consideran rurais e sen presenza no ensino ou nos medios de comunicación, tradicionalmente relegadas a funcións familiares e de uso local como poden ser as falas ou linguas d'oïl (como o valón ou o picardo), o occitano, francoprovenzal, piemontés ou o bretón. Na actualidade o termo patois perdeu vitalidade e xa non se emprega en documentos oficiais.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |