Nome orixinal | (ga) Pádraig Mac Piarais |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Patrick Henry Pearse 10 de novembro de 1879 Dublín, Irlanda |
Morte | 3 de maio de 1916 (36 anos) Dublín, Irlanda |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Arbour Hill |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Royal University of Ireland (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, militar, político, xornalista, escritor, Barrister |
Membro de | |
Movemento | Nacionalismo irlandés |
Carreira militar | |
Lealdade | Bráithreachas na Poblachta e Sinn Féin |
Rango militar | Comandante en xefe |
Conflito | Alzamento de Pascua |
Familia | |
Pais | James Pearse e Margaret Pearse |
Irmáns | William Pearse Margaret Mary Pearse |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Patrick Henry Pearse, tamén coñecido como Pádraig Pearse (en irlandés Pádraig Anraí Mac Piarais), nado o 10 de novembro de 1879 e finado o 3 de maio de 1916 foi un poeta, escritor, profesor, nacionalista e activista político, líder do Alzamento de Pascua en 1916. Foi proclamado "Presidente do Goberno Provisional" da República Irlandesa nun dos boletíns emitidos polos líderes do alzamento, status disputado por outros participantes no mesmo. Co fracaso do alzamento e a súa execución xunto co seu irmán e outros catorce líderes máis, Pearse ten sido visto como o principal artífice da revolta.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|