Pau de san Gregorio

O pau de san Gregorio,[1][2] gregoriño,[3] ou tamén cerdeira de acios,[4] (Prunus padus) é unha especie de árbore natural de Europa e que pertence ao xénero Prunus, á familia das rosáceas. Medra en terreos acedos nos bosques húmidos. É unha árbore escasa e ameazada en Galiza, presente en diferentes zonas do territorio no pasado, atopándose hoxe nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pau.
  2. ‘’Termos Esenciais de Botánica’’ da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  3. Vocabulario forestal (galego-español-inglés), Universidade de Santiago de Compostela.
  4. Unha historia e unhas cerdeiras singulares, Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in