Pedro I de Rusia

Modelo:BiografíaPedro I de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Пётр I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Романов Пётр Алексеевич Editar o valor en Wikidata
30 de maio de 1672 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1725 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (52 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteGangrena Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Emperador de todas as Rusias
2 de novembro de 1721 – 8 de febreiro de 1725
← sen valor – Catarina I de Rusia →
Tsar of All Russia (en) Traducir
7 de maio de 1682 – 2 de novembro de 1721
← Teodoro III de RusiaSupresión do cargo →
Xunto con: Iván V de Rusia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa rusa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica da Rússia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióngobernante, estadista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Romanov Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina I de Rusia (1707–)
Eudoxia Lopukhina (1689–) Editar o valor en Wikidata
FillosAlexei Petrovich
 () Eudoxia Lopukhina
Alexander Petrovich
 () Eudoxia Lopukhina
Pavel Petrovich Romanov
 () Eudoxia Lopukhina
Katherine Petrovna Romanov
 () Catarina I de Rusia
Ana Petrovna da Rússia
 () Catarina I de Rusia
Isabel I de Rusia
 () Catarina I de Rusia
Natalia Maria Petrovna
 () Catarina I de Rusia
Margaret Petrovna Romanov
 () Catarina I de Rusia
Pedro Petrovich da Rússia
 () Catarina I de Rusia
Paul Petrovich Romanov
 () Catarina I de Rusia
Natália Petrovna da Rússia
 () Catarina I de Rusia Editar o valor en Wikidata
PaisAlexis I de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Nataliya Naryshkina Editar o valor en Wikidata
IrmánsNatália Alexeivena da Rússia (1673–1716)
Tsarevna Yevdokia Alekseyevna of Russia
Catherine Alekseyevna of Russia
Maria Alekseyevna of Russia
Marfa Alekseyevna of Russia
Feodosia Alekseyevna of Russia
Iván V de Rusia
Teodoro III de Rusia
Tsarevich Alexei Alexeyevich of Russia
Tsarevich Dmitry Alexeyevich of Russia
Tsarevich Simeon Alexeyevich of Russia
Sofia Alekseievna da Rússia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX848404 WikiTree: Romanov-63 Find a Grave: 1507 Editar o valor en Wikidata

Pedro o Grande (en ruso: Пётр Вели́кий, Pyotr Velikiy), Pedro I (en ruso: Пётр I, Pyotr I) ou Pedro Alekséyevich (en ruso: Пётр Алексе́евич, nado o 9 de xuño de 1672 e finado o 8 de febreiro de 1725, foi Tsar de todas as Rusias desde 1682, e o primeiro Emperador de todas as Rusias desde 1721 ata a súa morte en 1725. Reinou conxuntamente co seu medio irmán Iván V ata 1696. A partir deste ano, Pedro foi un monarca absoluto que seguiu sendo a máxima autoridade. Os seus métodos eran a miúdo duros e autocráticos.

A maior parte do reinado de Pedro foi consumido por longas guerras contra os imperios otomán e o sueco. A pesar das dificultades iniciais, as guerras acabaron sendo un éxito e conduciron á expansión cara a os mares Azov e o Báltico, sentando así as bases da Armada Imperial Rusa. A súa vitoria na Gran Guerra do Norte puxo fin á era de Suecia como gran potencia e o seu dominio na rexión do Báltica, á vez que elevou a posición de Rusia ata o punto de que chegou a ser recoñecida como imperio. Pedro liderou unha revolución cultural que substituíu algúns dos sistemas sociais e políticos tradicionalistas e medievais por outros modernos, científicos, occidentalizados e baseados na ilustración radical.[1]

En 1700, introduciu o calendario gregoriano, pero a Igrexa ortodoxa rusa resistiuse especialmente a este cambio; querían manter a súa identidade propia e evitar parecer influídos polas prácticas católicas.[Cómpre referencia] En 1703, presentou o primeiro xornal ruso, Sankt-Peterburgskie Vedomosti, ordenou a escritura civil, deseñada por el mesmo e converteuse no principal colaborador. Fundou, en maio de 1703, a cidade de San Petersburgo a beiras do Nevá como "xanela a Occidente". En 1712, Pedro trasladou a capital de Moscova a San Petersburgo, onde permaneceu -cunha breve interrupción- ata 1918. Promoveu a educación superior e a industrialización no Imperio ruso.

Pedro tiña un gran interese polas plantas, os animais e os minerais, polas criaturas malformadas ou as excepcións á lei da natureza para o seu gabinete de curiosidades. Fomentou a investigación das deformidades, tratando en todo momento de acabar co medo supersticioso aos monstros.[2] A Academia Rusa das Ciencias e a Universidade Estatal de San Petersburgo fundáronse en 1724, un ano antes da súa morte.

A Pedro atribúeselle principalmente a modernización do país, transformándoo nunha gran potencia europea. As súas reformas administrativas, a creación dun Senado de Goberno en 1711, o Collegium en 1717 e a Táboa de Rangos en 1722, tiveron un impacto duradeiro en Rusia, e moitas institucións do goberno ruso remontan as súas orixes ao seu reinado.

  1. Cracraft 2003.
  2. Jozien J. Driessen-Van het Reve (2006) De Kunstkamera van Peter de Grote. De Hollandse inbreng, gereconstrueerd uit brieven van Albert Seba en Johann Daniel Schumacher uit de jaren 1711-1752, p. 336. Hilversum, Verloren. ISBN 978-90-6550-927-7

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in