Pegaso

Belerofonte e a Quimera (425-420 a. C.)

Na mitoloxía grega Pegaso (en grego Πήγασος) era un cabalo alado.

Pegaso naceu do sangue derramado por Medusa (fillo, por tanto, de Medusa e Poseidón) cando Perseo lle cortou a cabeza. Outra posibilidade era que nacera da terra, fecundada polo sangue de Medusa. A tradición di que naceu nas fontes do Océano, alá no extremo Oeste [1]. Cando naceu, Pegaso levou o raio a Zeus e púxose ó seu servizo.

Era totalmente branco e tiña dúas ás que lle permitían voar; unha característica do seu voo é que cando o realiza, move as patas coma se en realidade estivese correndo polo aire. Segundo as fontes clásicas, Perseo non chegou a voar montando a Pegaso, posto que o facía grazas a unhas sandalias aladas, con todo, moitos artistas renacentistas representárono voando neste cabalo.

Á morte de Pegaso, foi convertido na constelación de Pegasus.

É un dos equinos máis soados da literatura xunto con Rocinante (o cabalo de Don Quijote de la Mancha), Babieca (o de El Cid), Bucéfalo (o de Alexandre Magno) e o cabalo de Troia, entre outros.

  1. Hesíodo: Teogonía 280-289.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in