Peito | |
---|---|
Anatomía do peito | |
Peito dun ser humano macho. |
O peito é, nos seres humanos, a rexión torácica anterior, a parte do corpo que vai desde a base do pescozo e os ombreiros ata o ventre, oposto ás costas. Nos cuadrúpedes vai desde a base do pescozo ata as patas anteriores, continuando coa zona que asenta sobre o esterno.
Por extensión, aplícase tamén á rexión corporal anterior das aves, entre a cabeza e as patas.