Peixe azul

Atún - Un claro exemplo de peixe azul

O concepto de peixe azul (denominado tamén peixe graxo) atinxe esencialmente á proporción de graxa atopada entre os músculos do peixe. A denominación azul non atende a criterios biolóxicos, senón nutricionais. Os peixes azuis ou graxos son un grupo de peixes que conteñen máis dun 5% de graxa, mentres os peixes brancos ou magros conteñen aproximadamente só un 2%. Existe unha clase intermedia, os peixes semigraxos, coma a robaliza ou a dourada, que conteñen entre un 2 e un 5% de graxa aproximadamente.

A cantidade de graxa inflúe na coloración, así que gran parte dos peixes graxos teñen coloración externa azul, de aí o seu nome.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy