Pelecanus philippensis

Pelecanus philippensis é unha especie de aves do xénero dos pelicanos. Reprodúcese no sur de Asia desde o sur de Paquistán a través da India cara ao leste ata Indonesia. Vive en zonas de augas continentais extensas e na costa, especialmente en lagos grandes. Visto a certa distancia é difícil de diferenciar doutros pelicanos da rexión, aínda que é máis pequeno, pero visto máis de cerca son distintivas as manchas na súa mandíbula superior, a ausencia de cores brillantes e a súa plumaxe máis cincenta. Nalgunhas áreas estas aves aniñan en grandes colonias preto de lugares habitados polos humanos.

  1. BirdLife International (2012). "Pelecanus philippensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in