Pereira | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Pereira | |
Concello | O Pino[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′31″N 8°23′43″O / 42.89187815, -8.39529308Coordenadas: 42°53′31″N 8°23′43″O / 42.89187815, -8.39529308 |
Área | 7,14 km² |
Poboación | 258 hab. (2019) |
Densidade | 36,13 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 258 habitantes (134 mulleres e 124 homes)[2] distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.
O seu topónimo procede do latín PIRARIAM, de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial, "lugar cheo de pereiras")[3].
A infraestrutura máis importante que se encontra dentro desta parroquia é unha parte substancial do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que comparte coas parroquias de Sabugueira, en Compostela, onde se atopa a torre de control, e de Loureda, en Boqueixón, aínda que esta última cunha mínima parte da pista de aterraxe[4].
A parroquia está atravesada de oeste a leste polo río Brandelos[5], que nace nas pendentes que se dirixen ao aeroporto, na chamada Fonte da Devesa, cerca do lugar de Alvite[4].