Un pericito é un tipo de célula que se encontra no sistema nervioso central. Os pericitos están máis especificamente localizados arredor das capas de células endoteliais da rede de capilares do cerebro. Os pericitos exercen un papel integral no mantemento da barreira hemetocerebral e outras funcións homeostáticas e hemostáticas no cerebro.[1] Estas células son tamén un compoñente chave da unidade neurovascular, a cal inclúe as células endoteliais, astrocitos, e neuronas.[2] Os pericitos realizan funcións como a regulación do fluxo sanguíneo nos capilares, eliminación e fagocitose de refugallos celulares, e regulación da permeabilidade da barreira hematocerebral. Os pericitos poden tamén contribuír á estabilización e monitorización da maduración das células endoteliais por medio dunha comunicación directa entre a membrana celular e tamén por sinalización parácrina.[3] Recentes estudos indican tamén que a ausencia de pericitos no sistema nervioso central poden causar a rotura da barreira hematocerebral e orixinar outros cambios dexenerativos no cerebro.[1]