Peseta † | |
---|---|
Peseta en castelán | |
Código: | ESP |
Ámbito: | España Andorra |
Símbolo: | Ptas, ₧ |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 ₧ |
Billetes: | 1000, 2000, 5000 e 10000 ₧ |
Emisor: | Banco de España |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 166,386 ESP |
A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.