Philip Glass |
|
Nacemento | (en) Philip Morris Glass 31 de xaneiro de 1937 (87 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Budismo e xudaísmo |
---|
Educación | Escola Juilliard (1956–1959) Universidade de Chicago - filosofía, matemáticas (1952–) Fontainebleau Schools (en) Instituto Peabody (pt) |
---|
|
Ocupación | compositor, libretista, compositor de bandas sonoras, pianista, ator coadjuvante (pt) |
---|
Período de actividade | 1964 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Ópera, sinfonía, Dixieland (pt) e Música minimalista |
---|
Profesores | Nadia Boulanger, Vincent Persichetti (pt) , William Bergsma (pt) e Darius Milhaud |
---|
Alumnos | Antonio Pinto (pt) |
---|
Instrumento | Piano, baixo e Batería |
---|
Selo discográfico | Virgin Records |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | JoAnne Akalaitis |
---|
Fillos | Juliet Glass, Marlowe Glass |
---|
|
|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | UbuWeb Medvik >>>:Glass, Philip, 1937-, |
---|
Páxina web | philipglass.com |
---|
|
Philip Morris Glass, nado en Baltimore o 31 de xaneiro de 1937,[1] é un compositor clásico estadounidense. Está considerado un dos compositores máis influentes do século XX.[2][3][4] A súa música é descrita a miúdo como música minimalista, xunto coa obra doutros grandes minimalistas como La Monte Young, Terry Riley e Steve Reich.[5]
Glass rexeitou o selo de "minimalista", describíndose no seu canto como un compositor de "música con estruturas repetitivas".[6] Malia que as súas primeiras obras musicais comparten moitas características co que se considera acotío como "minimalista", a súa música evolucionou moito estilisticamente.[7][8] El descríbese a si mesmo como "clasicista", destacando por ser estudoso de harmonía e contrapunto de compositores como Franz Schubert, Johann Sebastian Bach e Wolfgang Amadeus Mozart con Nadia Boulanger.[9]
Glass fundou o seu propio conxunto musical, o Philip Glass Ensemble, co cal toca o piano, escribe óperas, obras de teatro, sinfonías, concertos, obras solistas, música de cámara e bandas sonoras. Tres das súas bandas sonoras foron nomeadas ós Premios Oscar.
- ↑ Biography.com (ed.). "Philip Glass Biography – Facts, Birthday, Life Story". Consultado o 29 de marzo de 2013.
- ↑ Naxos Classical Music Spotlight podcast: Philip Glass Heroes Symphony
- ↑ "The Most Influential People in Classical and Dance". New York Magazine. 8 de maio de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ O'Mahony, John (24 de novembro de 2001). "The Guardian Profile: Philip Glass". The Guardian (Londres). Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ Richardson, John (1999), Singing Archaeology: Philip Glass's Akhnaten, University Press of New England, p. 21
- ↑ "Biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ Smith, Ethan. "Is Glass Half Empty?". New York Magazine. Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ Smith, Steve (23 de setembro de 2007). "If Grant Had Been Singing at Appomattox". The New York Times.
- ↑ McKoen, Belinda (28 de xuño de 2008). "The Sound of Glass". The Irish Times. Consultado o 10 de novembro de 2008.