En enxeñería e arquitectura un piar ou esteo é un elemento vertical (normalmente de sección cadrada) sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que, a diferenza da columna, ten sección poligonal. O máis frecuente é que sexa cadrado ou rectangular, pero pode ser tamén octogonal. Prioriza a súa capacidade portante, polo cal proxéctanse con liberdade de formas.
Na construción contemporánea é o elemento predominante para transmitir cargas verticais, podendo estar realizado en diversos materiais: bloques de fábrica, formigón armado, aceiro, madeira etc.
Os piares reciben ás trabes que compoñen os forxados transmitindo a través destas as cargas que afectan a toda a área de influencia do piar. En forxados sen vigas a transmisión prodúcese a través dun ábaco.
A área da súa sección vén dada principalmente pola carga de pandeo e o momento flector que o piar deba soportar. Ás veces, e a imitación da columna, pode presentar tamén tres partes: base, fuste e capitel. Se no canto de exento vai acaroado ao muro denomínase pilastra. Tamén se poden presentar agrupados, xunto con columnas, conformando o chamado piar composto.
Os esteos empréganse en construcións coma as viñas, as casas ou os hórreos para permitir vans maiores e tabiques que non sexan de carga.