Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Picota.
Unha picota[1] é unha columna ou forca de pedra colocada nun lugar público dunha cidade ou vila, onde se expoñían os reos á vergonza pública para que servisen de escarmento, así como as cabezas dos que xa foran axustizados pola autoridade civil.