Pinocho de Guillermo del Toro | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Guillermo del Toro's Pinocchio |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | As aventuras de Pinocchio de Carlo Collodi |
Intérpretes | |
Música | Alexandre Desplat[1] |
Fotografía | Frank Passingham |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Cinema de Londres: 15 de outubro de 2022 Netflix: 9 de decembro de 2022 |
Duración | 117 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos México |
Xénero | Musical e fantasía |
Orzamento | 35 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80218455 | |
Pinocho de Guillermo del Toro[5] (en inglés: Guillermo del Toro's Pinocchio; ou sinxelamente Pinocho, en inglés: Pinocchio) é un filme estadounidense-mexicano de 2022 dirixido por Guillermo del Toro e Mark Gustafson (no seu debut como director) cun guión escrito por del Toro e Patrick McHale a partir dunha historia de del Toro e Matthew Robbins.[6] Baséase nos deseños de Gris Grimly da edición de 2002 da novela italiana As aventuras de Pinocchio de Carlo Collodi. O filme reimaxina a historia na Italia fascista da década de 1930 como "unha historia de amor e desobediencia mentres Pinocho loita por estar á altura das expectativas do seu pai, aprendendo o verdadeiro sentido da vida".[7] Está protagonizado polas voces de Ewan McGregor, David Bradley, Gregory Mann, Burn Gorman, Ron Perlman, John Turturro, Finn Wolfhard, Cate Blanchett, Tim Blake Nelson, Christoph Waltz e Tilda Swinton.
Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 9 de decembro de 2022 a través da plataforma de Netflix.[8]