Pixar

Pixar

Entrada aos estudios Pixar en Emeryville, California.
TipoFilial de The Walt Disney Company
Fundación3 de febreiro de 1986
LocalizaciónEmeryville, California, Estados Unidos
FundadorSteve Jobs, Edwin Catmull e Alvy Ray Smith
Persoas claveEdwin Catmull (presidente), John Lasseter (director creativo) e Jim Morris (presidente)
IndustriaAnimación por ordenador e Cine
ProdutosPixar Image Computer, RenderMan e Marionette
Na rede
https://www.pixar.com/
IMDB: co0017902 Facebook: Pixar Twitter: pixar Instagram: pixar Tumblr: disneypixar Youtube: UC_IRYSp4auq7hKLvziWVH6w Pinterest: disneypixar TikTok: pixar Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pixar Animation Studios é unha compañía de animación por ordenador especializada na produción de gráficos en 3D e con sede en Emeryville, California (Estados Unidos). Obtivo coas súas producións 16 premios Óscar da Academia, 7 Globos de Ouro e 11 Grammys, entre outros premios.

Pixar foi a creadora da primeira longametraxe comercial totalmente animada por ordenador, Toy Story, que se estreou o 22 de novembro de 1995 nos Estados Unidos. Despois de Toy Story produciu outras 18 películas (ata novembro de 2017): A Bug's Life (1997), Toy Story 2 (1999), Monsters, Inc. (2001), Finding Nemo (2003), The Incredibles (2004), Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL-E (2008), Up (2009), Toy Story 3 (2010), Cars 2 (2011), Brave (2012), Monsters University (2013), Inside Out (2015), The Good Dinosaur (2015), Finding Dory (2016), Cars 3 (2017) e Coco (2017). As 19 películas debutaron con clasificacións CinemaScore de, polo mínimo, un "A−", indicando unha recepción positiva das audiencias.[1] O estudio tamén produciu varias curtas animadas. A xullo de 2019, as súas películas gañaron aproximadamente 14 mil millóns de dólares en todo o mundo,[2] cunha media bruta mundial de 680 millóns de dólares por filme.[3] Finding Nemo (2003), xunto coa súa secuela Finding Dory (2016), igual que Toy Story 3 (2010), están entre as 50 películas máis taquilleiras de tódolos tempos,[4] coa última película sendo a terceira película animada con maior recadación de toda a historia cuns ingresos brutos de 1.063 millóns de dólares.[5] Trece das películas de Pixar tamén se atopan entre as 50 películas animadas máis taquilleiras de tódolos tempos.

Pixar xurdiu como unha división da empresa Lucasfilm de George Lucas a principios dos anos oitenta do século XX, como departamento de investigación, de creación de hardware técnico e software especializado, sendo o departamento de animación (dirixido xa daquela por John Lasseter) unha pequena parte da empresa dedicada a crear imaxes e vídeos de demostración. En 1986, Steve Jobs, fundador de Apple, mercouna por 10 millóns de dólares e en 2006, The Walt Disney Company adquiriuna por 7 400 millóns de dólares. A adquisición rematouse o 5 de maio de 2006, convertendo a Pixar nunha filial de Disney.

A súa filmografía, producida co seu propio software RenderMan, inclúe algunhas das películas animadas de máis éxito e máis eloxiadas. Así mesmo, o equipo de Pixar recibiu varios premios polos seus logros técnicos no cine de animación. Para a produción dos seus filmes, o persoal do estudio desenvolveu a metodoloxía Pixar Braintrust que utilizan para a comunicación, supervisión e seguimento do equipo involucrado nunha película. Ademais das súas producións cinematográficas, outros produtos de Pixar inclúen videoxogos, programas de televisión, software de animación e anuncios publicitarios.

Entre as dezaseis películas de Pixar saídas despois da creación do Oscar ó mellor filme de animación, en 2002, nove foron nomeadas e oito delas, Finding Nemo, The Incredibles, Ratatouille, WALL-E, Up, Toy Story 3, Brave e Inside Out gañárono.

O 6 de setembro de 2009, os executivos de Pixar John Lasseter, Brad Bird, Pete Docter, Andrew Stanton e Lee Unkrich foron premiados co León de Ouro especial a toda unha carreira no Festival Internacional de Cine de Venecia. O premio foi entregado polo fundador de Lucasfilm, George Lucas.

  1. Nikki Finke (23 de xuño de 2013). "Monsters University’ Global Total $136.5M: #1 N.A. With $7 For Pixar’s 2nd Biggest; ‘World War Z’ Zombies $112M Worldwide: $66M Domestic Is Biggest Opening For Original Live Action Film Since ‘Avatar’". Deadline.com. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  2. "Pixar". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2019. Consultado o July 17, 2019. 
  3. Pixar Movies at the Box Office Arquivado 29 de agosto de 2019 en Wayback Machine. Box Office Mojo
  4. "All Time Worldwide Box Office Grosses". Box Office Mojo. Consultado o 7 de agosto de 2011. 
  5. "Toy Story 3 (2010)". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 26-11-2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy