Placa indoaustraliana

Mapa das placas tectónicas. A placa indoaustraliana divídese na placa australiana (laranxa) e a placa india (vermella).

A placa indoaustraliana é unha placa tectónica principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, estendéndose cara ao noroeste para incluír o subcontinente indio e as augas adxacentes.[1] Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos.[2] A fusión ocurriu cando a dorsal oceánica, que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.[3]

Esténdese desde a fronteira da India coa China e Nepal, abarcando o subcontinente indio, o leste do océano Índico, Australia, Melanesia e estendéndose ata Nova Zelandia . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "12". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 260, 338–41. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. "The Indo-Australian Plate". austhrutime.com (en inglés). 
  3. Keep, Myra; Schellart, Wouter P. (2012). "Introduction to the thematic issue on the evolution and dynamics of the Indo-Australian plate". Australian Journal of Earth Sciences (en inglés). 59, 2012 (6: THEMATIC ISSUE — Evolution and dynamics of the Indo-Australian plate): 807–808. doi:10.1080/08120099.2012.708360. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy