Placodermos

Os placodermos (Placodermi), do grego antigo πλάξ pláx = 'placa' e δέρμα dérma = 'pel', literalmente "pel de placas", son unha clase extinta de peixes primitivos.[2] Foron os primeiros gnatostomados, é dicir, foron os primeiros vertebrados con mandíbulas.[2] Apareceron a finais do silúrico (hai uns 416 millóns de anos) e seguramente desapareceron a finais do Devoniano (hai uns 359 millóns de anos), pois non está moi claro se sobreviviron ou non até o carbonífero inferior.[2][3][4][5][6][7]

Os placodermos eran peixes acoirazados, e a súa orixe e relacións coa evolución dos condrictios (o grupo dos peixes cartilaxinosos, ao que pertencen os tiburóns, as raias e as quimeras) é un enigma para os científicos.[8] Habitaban nunha gran diversidade de ambientes: mariños, deltaicos, de albufeira e de auga doce.[4][9] No sitio paleontolóxico de Gogo, en Australia, do Devoniano superior, é onde se acha a maior diversidade destes organismos, xa que se encontraron restos de máis de 20 especies, a maioría delas pertencentes a xéneros monoespecíficos.[9]

  1. Paleobiology Database. "class Placodermi" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 25 de decembro 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 University of California. Museum of Paleontology. "Introduction to the Placodermi" (en inglés). Consultado o 18 de novembro 2009. 
  3. Janvier, Philippe (2003). Early vertebrates (en inglés). Cambridge University Press. p. 162. ISBN 9780198526469. 
  4. 4,0 4,1 S. Helfman, Gene; B. Collette, Bruce; E. Facey, Douglas (1997). The diversity of fishes (en inglés). Wiley-Blackwell. p. 157. ISBN 9780865422568. 
  5. Encyclopædia Britannica Online. "Placoderm" (en inglés). Consultado o 21 de novembro 2009. 
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome devonian
  7. Palaeos. "Placodermi: Overview" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2010. Consultado o 21 de novembro 2009. 
  8. I. Coates, Mike; E. K. Sequeira, Sandy (2001). "Early Sharks and Primitive Gnathostome Interrelationships". En Per Erik Ahlberg. Major Events in Early Vertebrate Evolution: palaeontology, phylogeny, genetics and development (en inglés). CRC Press. p. 242. ISBN 0415233704. 
  9. 9,0 9,1 Janvier, Philippe (2003). Early vertebrates (en inglés). Cambridge University Press. p. 172. ISBN 9780198526469. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy