Os plasmodesmos son canles microscópicas que atravesan as paredes das células vexetais e dalgunhas algas e conectan unhas células con outras,[2][3] permitindo o transporte de substancias e a comunicación entre elas. Todas as plantas teñen plasmodesmos e entre as algas aparecen en membros das Charophyceae (Charales e Coleochaetales).[4] A diferenza da célula animal, as células das plantas están rodeadas por unha parede celular polisacarídica, composta principalmente de celulosa, situada sobre a membrana plasmática. Dúas células vexetais veciñas están separadas polas dúas paredes celulares de ambas as células coa lámina media en medio, formando un dominio extracelular chamado apoplasto. Aínda que as paredes celulares son permeables a solutos pequenos e mesmo a pequenas proteínas solubles, os plasmodesmos permiten un transporte de substancias entre as células directo, e regulado, chamado transporte simplástico. Existen dous tipos de plasmodesmos: primarios, que se forman xa durante a división celular, e secundarios, que se poden formar entre células maduras.[5]
↑Maule, Andrew (decembro de 2008). "Plasmodesmata: structure, function and biogenesis". Current Opinion in Plant Biology11 (6): 680–686. PMID18824402. doi:10.1016/j.pbi.2008.08.002.
↑Oparka, K. J. (2005) Plasmodesmata. Blackwell Pub Professional. ISBN 10: 1405125543
ISBN 13: 9781405125543