Plasmodesmo

Os plasmodesmos da célula vexetal permiten o paso de moléculas entre as células pola chamada vía simplástica.
Estrutura dun plasmodesmo primario. CW=parede celular, CA=Calosa, PM=membrana plasmática, ER=Retículo endoplasmático, DM=Desmotúbulo, Círculos vermellos=Actina, Círculos púrpuras e raios=Outras proteínas non identificadas[1].

Os plasmodesmos son canles microscópicas que atravesan as paredes das células vexetais e dalgunhas algas e conectan unhas células con outras,[2][3] permitindo o transporte de substancias e a comunicación entre elas. Todas as plantas teñen plasmodesmos e entre as algas aparecen en membros das Charophyceae (Charales e Coleochaetales).[4] A diferenza da célula animal, as células das plantas están rodeadas por unha parede celular polisacarídica, composta principalmente de celulosa, situada sobre a membrana plasmática. Dúas células vexetais veciñas están separadas polas dúas paredes celulares de ambas as células coa lámina media en medio, formando un dominio extracelular chamado apoplasto. Aínda que as paredes celulares son permeables a solutos pequenos e mesmo a pequenas proteínas solubles, os plasmodesmos permiten un transporte de substancias entre as células directo, e regulado, chamado transporte simplástico. Existen dous tipos de plasmodesmos: primarios, que se forman xa durante a división celular, e secundarios, que se poden formar entre células maduras.[5]

Unhas estruturas funcionalmente parecidas chamadas unións comunicantes (gap junctions)[6] e os nanotubos de membrana, interconnectan as células animais[7], e os estrómulos conectan os plastos nas células vexetais.[8]

  1. Maule, Andrew (December 2008). "Plasmodesmata: structure, function and biogenesis". Current Opinion in Plant Biology 11 (6): 680–686. PMID 18824402. doi:10.1016/j.pbi.2008.08.002. 
  2. Oparka, K. J. (2005) Plasmodesmata. Blackwell Pub Professional. ISBN 10: 1405125543 ISBN 13: 9781405125543
  3. Plasmodesmata (www.dictionary.com)
  4. Graham, LE; Cook, ME; Busse, JS (2000), Proceedings of the National Academy of Sciences 97, 4535-4540.
  5. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=1692983 The shoot apical meristem: The dymamics of a stable structure. Jan Traas and Teva Vernoux : Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci. 2002 June 29; 357(1422): 737–747. (page 744)
  6. Bruce Alberts (2002). Garland Science - New York, ed. Molecular biology of the cell (4th ed.). ISBN 0-8153-3218-1. 
  7. Gallagher KL, Benfey PN (2005). "Not just another hole in the wall: understanding intercellular protein trafficking". Genes Dev. 19 (2): 189–95. PMID 15655108. doi:10.1101/gad.1271005. 
  8. Gray JC, Sullivan JA, Hibberd JM, Hansen MR (2001). "Stromules: mobile protrusions and interconnections between plastids". Plant Biology 3: 223–33. doi:10.1055/s-2001-15204. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy