Plaxioclasio

Plaxioclasio

Chámase plaxioclasio[1] a un grupo de feldespatos correspondente á clase de silicatos alumínicos (á serie dos tectosilicatos) de sodio e calcio variando as proporcións destes elementos. Forman unha serie isofórmica de solución sólida. Os seus minerais principais son a albita e a anortita, nos extremos da serie, tendo todos os plaxioclasios moitas características comúns con ambas.

Debido á importancia da composición dos plaxioclasio á hora da clasificación das rochas ígneas, a serie divídese en cen unidade, en función da porcentaxe de anortita nun plaxioclasio concreto.

Cristalizan no sistema triclínico, de onde toman o seu nome, do grego plagios (inclinado) e klasis (fractura). Os cristais simples e ben desenvolvidos son relativamente raros e máis propios da albita. Acostuman presentar certos tipos de maclas (de tipo polisintético), o que permite diferenciar os plaxioclasios dos feldespatos potásicos en láminas transparentes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plaxioclasio.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy