Poble Espanyol de Barcelona | |
---|---|
A Porta de Ávila, principal entrada ao Poble Espanyol, recreación da Muralla de Ávila | |
Coordenadas | |
Na rede | |
https://www.poble-espanyol.com | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Poble Espanyol (Poboación Española en catalán) é un museo arquitectónico ao aire libre da cidade de Barcelona, situado na montaña de Montjuïc. O recinto està formado por 117 edificios a escala real, que forman unha verdadeira vila ibérica coas súas rúas, casas, prazas, teatro, escola, restaurantes e talleres artesáns.
Foi construído en 1929 con motivo da Exposición Internacional que se celebrou ese ano na cidade. A idea foi impulsada polo arquitecto catalán Josep Puig i Cadafalch e concibiuse como unha vila na que se pretendían reunir as principais características dos pobos de España.