Pobo

Un pobo[1] é unha pluralidade de persoas consideradas en conxunto, como un grupo étnico ou como unha nación. Colectivamente, por exemplo, os xudeus moitas veces chámanse "o pobo xudeu", os xitanos europeos constitúen a maior parte do "pobo romaní", e os árabes de Palestina gañaron o apelativo de "pobo palestino". Pero, por outra banda, tamén se fala de "pobo estadounidense" ou "pobo francés" como os respectivos corpos de cidadáns, que son a orixe e razón de ser da república, sen ningunha connotación de tipo étnico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pobo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy