Pobo armenio

Pobo armenio
Armenios
Poboación
Poboación total:
6[1] - 8 millóns[2]
Rexións principais:
Armenia3 018 854[3]
Rusia Rusia1 182 388[4]–2 900 000[5]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 000 366[6]–1 500 000[7]
Francia250 000[8]–750 000[9]
Xeorxia Xeorxia
* Abkhazia
168 191[10]
41 864[11]
República de Artsakh146 573[12]
Líbano Líbano150 000[13]
Irán120 000[14]
Alemaña Alemaña90 000–110 000[15]
Aspectos culturais
LinguaArmenio
RelixiónCristianismo
Igrexa apostólica armenia · Igrexa católica armenia · Igrexa evanxélica armenia
Grupos
relacionados
Hemshin, cherkesogai,

Os armenios (en armenio: Հայեր; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.[16]

A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeo e Bertomeu.[17] A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.[18]

A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

  1. diferentes fontes:
    • Dennis J.D. Sandole (24 de xaneiro de 2007). Peace and Security in the Postmodern World: The OSCE and Conflict Resolution. Routledge. p. 182. ISBN 9781134145713. The nearly 3 million Armenians in Armenia (and 3–4 million in the Armenian Diaspora worldwide) "perceive" the nearly 8 million Azerbaijanis in Azerbaijan as "Turks." 
    • McGoldrick, Monica; Giordano, Joe; Garcia-Preto, Nydia (18 de agosto de 2005). Ethnicity and Family Therapy, Third Edition (3 ed.). Guilford Press. p. 439. ISBN 9781606237946. The impact of such a horror on a group who presently number approximately 6 million, worldwide, is incalculable. 
    • Gevorg Sargsyan; Ani Balabanyan; Denzel Hankinson (1 de xaneiro de 2006). From Crisis to Stability in the Armenian Power Sector: Lessons Learned from Armenia's Energy Reform Experience (ilustrado ed.). World Bank Publications. p. 18. ISBN 9780821365908. The country's estimated 3–6 million Diaspora represent a major source of foreign direct investment in the country. 
    • Arthur G. Sharp (15 de setembro de 2011). The Everything Guide to the Middle East: Understand the people, the politics, and the culture of this conflicted region. Adams Media. p. 137. ISBN 9781440529122. Since the newly independent Republic of Armenia was declared in 1991, nearly 4 million of the world's 6 million Armenians have been living on the eastern edge of their Middle Eastern homeland. 
  2. diferentes fontes:
    • Von Voss, Huberta (2007). Portraits of Hope: Armenians in the Contemporary World. Nova York: Berghahn Books. p. xxv. ISBN 9781845452575. ...there are some 8 million Armenians in the world... 
    • Freedman, Jeri (2008). The Armenian genocide. Nova York: Rosen Publishing Group. p. 52. ISBN 9781404218253. In contrast to its population of 3.2 million, approximately 8 million Armenians live in other countries of the world, including large communities in the America and Russia. 
    • Guntram H. Herb, David H. Kaplan (2008). Nations and Nationalism: A Global Historical Overview: A Global Historical Overview. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. p. 1705. ISBN 9781851099085. A nation of some 8 million people, about 3 million of whom live in the newly independent post-Soviet state, Armenians are constantly battling not to lose their distinct culture, identity and the newly established statehood. 
    • Robert A. Saunders, Vlad Struko (2010). Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. p. 50. ISBN 9780810854758. 
    • Philander, S. George (2008). Encyclopedia of global warming and climate change. Los Angeles: SAGE. p. 77. ISBN 9781412958783. An estimated 60 percent of the total 8 million Armenians worldwide live outside the country... 
    • Robert A. Saunders, Vlad Strukov (2010). Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. p. 51. ISBN 9780810874602. Worldwide, there are more than 8 million Armenians; 3.2 million reside in the Republic of Armenia. 
  3. Armstat (ed.). "Statistical Service of Armenia" (PDF). Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  4. Russian Federal State Statistics Service (ed.). "National makeup of the population of the Russian Federation (Национальный состав населения Российской Федерации)" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2013. 
  5. Robert A. Saunders, Vlad Struko (2010). Scarecrow Press, ed. Historical dictionary of the Russian Federation. Lanham, Maryland. p. 50. ISBN 978-0-8108-5475-8. 
  6. United States Census Bureau (ed.). "Total ancestry categories tallied for people with one or more ancestry categories reported 2011 American Community Survey 1-Year Estimates". Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  7. *Armenian National Committee of America, ed. (19 de xaneiro de 2008). "Barack Obama on the Importance of US-Armenia Relations". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  8. Thon, Caroline (2012). LIT Verlag Münster, ed. Armenians in Hamburg: an ethnographic exploration into the relationship between diaspora and success. Berlín. p. 25. ISBN 978-3-643-90226-9. 
  9. Taylor, Tony (2008). Melbourne University Pub., ed. Denial: history betrayed. Carlton, Victoria. p. 4. ISBN 978-0-522-85482-4. 
  10. "National Statistics Office of Georgia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017. 
  11. "В Абхазии объявили данные переписи населения". Delfi (en ruso). 29 de decembro de 2011. Consultado o 20 de agosto de 2013. .
  12. Nagorno-Karabakh Republic. "Population estimates of NKR as of 01.01.2013". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  13. Gibney, Matthew J. (2005). ABC-CLIO, ed. Immigration and asylum: from 1900 to the present. Santa Barbara, California. p. 13. ISBN 978-1-57607-796-2. 
  14. Vardanyan, Tamara (21 de xuño de 2007). Noravank Foundation, ed. "Իրանահայ համայնք. ճամպրուկային տրամադրություններ" (en armenio). Consultado o 5 de xaneiro de 2013. 
  15. Sargsyan, Babken (8 de decembro de 2012). "Գերմանիաիի հայ համայնքը [Armenian community of Germany]" (en armenio). Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  16. Richard G. Hovannisian, The Armenian people from ancient to modern times: the fifteenth century to the twentieth century, Volume 2, p. 427, Palgrave Macmillan, 1997.
  17. Hastings, Adrian (2000). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. A World History of Christianity. p. 289. ISBN 978-0-8028-4875-8. 
  18. "Armenia first nation to adopt Christianity as a state religion.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in