Pobo chickasaw | |
---|---|
Retratos de chickasaw. | |
Poboación | |
Poboación total: 38 000 | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | 38 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua chickasaw e inglés |
Relixión | Relixión tradicional e Protestantismo |
Grupos relacionados | Choctaw, muskogee e seminole |
Os chickasaw son un pobo indíxena cuxo territorio tradicional estendíase polos estados actuais de Mississippi, Alabama e Tennessee.[1] Son un pobo da familia muskogee e están recoñecidos federalmente como Nación Chickasaw.
Algún tempo antes do contacto cos europeos, os chickasaw migraron dende as rexións do oeste cara ao leste do río Mississippi, onde se asentaron nos actuais Mississippi e no condado de Lawrence, Tennessee. Foi alí onde contactaron cos exploradores e comerciantes europeos, como franceses, ingleses e españois, cos cales tiveron relacións durante o período colonial. Os chickasaw foron unha das cinco tribos civilizadas, xa que adoptaron axiña numerosas prácticas dos europeos. Resistíronse ós asentamentos europeos no seu territorio, mais foron expulados polo goberno dos Estados Unidos en 1832 e foron forzados a trasladarse ó Territorio indio (Oklahoma) durante a época da deportación dos indios na década de 1830.
A maioría dos chickasaw viven no presente en Oklahoma. A Nación Chickasaw de Oklahoma é a décimo terceira meirande tribo federalmente recoñecida dos Estados Unidos. Os seus membros están relacionados cos choctaw e comparten unha historia común con eles.