Pobo paxto | |
---|---|
Líderes relixiosos paxtos en Afganistán. | |
Poboación | |
Poboación total: c 49 millóns (2009)[1] | |
Rexións principais: | |
Paquistán | 30 699 037 (2008)[2] |
Afganistán | 13 750 117 (2008)[3] |
Emiratos Árabes Unidos | 338 315 (2009)[4] |
Estados Unidos | 138 554 (2010)[5] |
Irán | 110 000 (1993)[6] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua paxta |
Relixión | islam, principalmente sunnitas, con minorías xiítas |
Os paxtos[7], noutras fontes tamén chamados pashtus[8] ou pashtos[9] (en paxto: پښتانه Pax̌tānə; singular masculino: پښتون Pax̌tūn, feminino: پښتنه Pax̌tana), son un grupo étnico iranio[10] que viven principalmente en Paquistán e Afganistán.[11] Falan a lingua paxta e practican o pashtunwali, que é o seu código de conduta ético e tradicional. A etnoxénese do grupo étnico paxto non está claro pero os historiadores teñen referencias de pobos antigos chamados pakthas (Pactyans) entre o II e I milenio a. C.,[12][13] que poden ser os seus devanceiros. A súa historia sempre se cinguíu ó territorio dos actuais estados de Paquistán e Afganistán.
Globalmente, estímase que os paxtos roldan os 50 millóns de persoas,[1] pero non existe unha cifra máis exacta pola falta de censo oficial en Afganistán dende 1979. A maioría dos paxtos viven na rexión chamada Paxtonistán, que foi dividida en dous dende que os británicos impuxeron a liña Durand. Tamén existen significativas comunidades paxtas na diáspora, nas cidades de Sind e Punjab en Paquistán, en particular Karachi e Lahore. Unha recente diáspora paxta desenvolveuse nos estados árabes do Golfo Pérsico, principalmente nos Emiratos Árabes Unidos. Os paxtos son unha significativa minoría en Paquistán, onde forman o segundo meirande grupo étnico, ou o 15% da poboación. Como o principal grupo étnico de Afganistán (onde representan entre o 42% e o 60% da poboación), os paxtos foron o grupo etnolingüístico dminante durante máis de 300 anos. Durante a era do Sultanato de Delhi, a dinastía Lodi dos séculos XV e XVI substituíu brevemente os gobernantes do norte da India, até que Babur depuxo a dinastía Lodi. Outros paxtos loitaron contra a dinastía safávida e contra o Imperio mogol antes de obter un estado independente a comezos do século XVIII,[14] que comezou coa exitosa revolución de Mirwais Hotak seguida da conquista de Ahmad Shah Durrani.[15]
Ethnic population: 49,529,000 possibly total Pashto in all countries.