Pobo ruso | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 130-150 millóns | |
Rexións principais: | |
Rusia | 111 016 896[1](censo de 2010) |
Ucraína | 8 334 141 (censo de 2001)[2] |
Casaquistán | 3 793 764 (censo de 2009)[3] |
Alemaña (incluíndo xudeus rusos e alemáns rusos) | 3 500 000 (estimación de 2013)[4] |
Estados Unidos (incluíndo xudeus rusos e alemáns rusos) | 3 072 756 (censo de 2009) |
Israel (incluíndo xudeus rusos) | 1 240 122 (censo de 2015) |
Uzbekistán | 1 199 015 (estimación de 2000)[5] |
Belarús | 785 084 (censo de 2009)[6] |
Canadá | 550 520 (censo de 2011)[7] |
Letonia | 520,136 (censo de 2014) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua rusa |
Relixión | Igrexa ortodoxa (Igrexa ortodoxa rusa) |
Grupos relacionados | Outros eslavos orientais (belarusos e ucraínos)[8] |
Os rusos[9] (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.
Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslavos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.