Pobo shuar

Pobo shuar
Mozos e mozas shuar en Logroño, Ecuador.
Poboación
Poboación total:
c  120 000
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLingua shuar
Relixiónxamanismo e animismo
Grupos
relacionados
Aguaruna e achuar

Os shuar (tamén chamados xívaros) son un pobo indíxena que habita en Ecuador e no Perú. Pertencen ó grupo de pobos xívaros, que son pobos amazónicos que viven no nacemento do río Marañón. O termo "shuar" na súa propia lingua quere dicir "xente" ou "pobo".[1] O pobo que fala a lingua shuar vive na selva tropical entre os Andes e a sabana das terras baixas amazónicas.

Os europeos referíronse historicamente ós shuar como xívaros, un termo que probablemente deriva da pronuncia española do século XVI da verba "shuar", pero que adquiriu outros significados como o de "salvaxe". Os shuar foron moi representados na literatura por mor da fascinación occidental pola antiga práctica da redución de testas (tsantsa).

Un home shuar coa vestimenta tradicional.
  1. Como demostrou Claude Lévi-Strauss, moitos pobos indíxenas chámanse a si mesmo "pobo" ou "humano", designando ós outros como "bárbaros" ou sinxelamente "outros."

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy