Pole

Este artigo fala do pole das plantas, para o artigo sobre o primeiro lugar na grella de saída dunha carreira nun circuíto véxase pole position.
Grans de pole variados, e aumentados

O pole (do grego "pales" = "fariña" ou "po") é o conxunto dos minúsculos grans producidos polas flores das plantas anxiospermas (ou polas piñas masculinas das ximnospermas), que son os elementos reprodutores masculinos ou microgametófitos, onde se encontran os gametos que van fecundar os óvulos, para os transformar en froitos.

Os grans de pole son normalmente arredondados, aínda que os dos piñeiros sexan alados, e poden ser moi pequenos, só algúns micrómetros. O máis pequeno gran de pole coñecido é o do Myosotis, con cerca de 6 μm (0.006 mm) de diámetro. A forma e ornamentación dos grans de pole é típica de cada familia ou mesmo especie de plantas.

O pole contén unha gran proporción de proteínas (16 a 40 %) contendo todos os aminoácidos coñecidos, así como numerosas vitaminas, principalmente as vitaminas C e PP, sendo a principal fonte de alimentación das abellas. Outro importante produto fabricado con pole é a xelea real. Esta composición do pole pode ser responsábel das alerxias que lle son atribuídas.

O estudo do pole é a palinoloxía.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy