Polgada

A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.). En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición).

Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.[Cómpre referencia] Foi utilizada en moitos países, con diferentes equivalencias (moi probablemente dependendo da anchura da falanxe do gobernante que fixou a medida ou, máis ben, do tamaño desa falanxe que quería ter o gobernante para que os súbditos o tivesen por alguén moi grande).[Cómpre referencia] Pero tras a introdución do sistema métrico decimal no século XIX, foise abandonando en case todo o planeta, salvo nos países da angloesfera (aínda que tamén neles estase empezando a adoptar o Sistema Internacional de Unidades).

Como exemplo, unha polgada castelá equivalía a 23,22 milímetros, mentres que a anglosaxoa actual equivale a 25,4 mm. A polgada é unha medida de lonxitude antropométrica que equivalía á lonxitude dun polgar. En inglés chámase inch.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy