Polo (deporte)

Campionato Polo na Arxentina.
Polo

O polo[1] é un deporte de equipo e de portería, xogado por tres ou catro persoas a cabalo por equipo, que teñen o obxectivo de meter unha bola na portería contraria. As orixes do polo remóntanse a varios séculos antes de Cristo, e crese que foi na época de Darío o Grande cando se orixinou no Imperio Persa Aqueménida. O deporte foi introducido en Europa polo décimo de Húsares, que o trouxo da India no 1869. As primeiras regras fixéronse no 1874, e son as que aínda están vixentes. O deporte foi popular en Europa durante comezos do século XX, especialmente entre a nobreza polo seu alto custo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy