Nome orixinal | (grc) Πορφύριος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Malchus c. 233 Tiro (Imperio Romano) |
Morte | c. 301 (67/68 anos) Roma (Imperio Romano) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Lugar de traballo | Atenas Roma |
Ocupación | filósofo, historiador, teórico da música, escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Plotino, Cássio Longino (pt) e Demetrius (en) |
Alumnos | Iámblico |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Porfirio de Tiro (grego: Πορφύριος, Porphýrios), nado c. 234 en Tiro e falecido c. 305 en Roma, foi un filósofo neoplatónico durante o dominio romano.[1][2] Editou e publicou as Enéadas, a única colección da obra de Plotino, o seu mestre.
Escribiu obras orixinais en lingua grega sobre unha gran variedade de temas, que van dende a teoría musical ata Homero e tamén respecto ao vexetarianismo.[3] A súa Isagoge ou introdución á lóxica e á filosofía, foi un dos libros de texto máis estendido sobre lóxica ao longo da Idade Media nas súas traducións ao latín e ao árabe.[4] Porfirio era, e aínda é, tamén coñecido polas súas polémicas anticristiás. A través de obras como Filosofía dos oráculos e Contra os cristiáns (que foi prohibida por Constantino I o Grande)[5] tivo controversia cos cristiáns primitivos.[6]