Porsche no automobilismo

Porsche 911 Carrera RSR gañador da Targa Florio de 1973 cas cores de Martini Racing no Goodwood Festival of Speed de 2006.
Porsche 956 e 962C, un coma este coa librea Jägermeister, gañou as 24 Horas de Le Mans seis anos consecutivos na década de 1980.

Porsche tivo éxito en moitas ramas do automobilismo das cales a maioría foron nas carreiras de longa distancia.

Malia a súa temperá participación no automobilismo, limitouse a fornecer pequenos motores a equipos privados ata finais de 1960, a mediados da década de 1950 Porsche xa saboreara un éxito moderado no reino das carreiras de automóbiles deportivos, sobre todo na Carreira Panamericana e na Targa Florio, carreiras clásicas que máis tarde foron utilizados na denominación dos coches de estrada. O Porsche 917 de 1969 converteunos nunha potencia, gañando en 1970 a primeira de máis dunha ducia de 24 Horas de Le Mans, máis que calquera outra compañía. Cos 911 Carrera RS e o Porsche 935 Turbo, Porsche dominou a década de 1970, e ata gañou a prototipos deportivos, unha categoría na que Porsche entrou cos exitosos modelos 936, 956 e 962.

Porsche é actualmente o fabricante de coches de carreiras máis grande do mundo. En 2006, Porsche construíu 195 coches de carreiras para varios eventos deportivos internacionais do automóbil, e en 2007 Porsche construíu non menos de 275 autos de carreira dedicados (7 vehículos prototipos RS Spyder LMP2, 37 GT2 spec 911 GT3-RSRs, e 231 911 GT3 Cup).[1]

Porsche considera ás carreiras como unha parte esencial do permanente desenvolvemento de enxeñería, e tradicionalmente é moi raro que os coches de carreiras de Porsche aparezan en carreiras consecutivas cas mesmas especificacións. Case invariablemente, desenvólvense algúns aspectos do coche, xa sexa para os futuros programas de carreiras ou como proba de concepto para os futuros coches de estrada.

  1. Watkins, Gary (7 March 2007). "Warehouse Shopping: Inside Porsche's Motorsport Centre". AutoWeek. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 2007-04-14. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in