Artigo destacado
|
O cancro de mama ou carcinoma de mama é o cancro que se desenvolve no tecido mamario. Entre os sinais de cancro de mama están a aparición dun nódulo na mama ou preto da mama na zona da axila, alteracións na forma ou na aparencia da mama, como retracción da mamila, pel da mama, aréola ou mamila con aparencia escamosa, vermella ou con vultos, ou mesmo sensibilidade na mamila e secreción ou perda de líquido pola mamila. En persoas coa doenza diseminada, pode verificarse tamén dor ósea, ganglios linfáticos avultados, falta de aire e ictericia.
Entre os factores de risco para o desenvolvemento de cancro de mama cóntanse ser de sexo feminino, a idade, a obesidade, a falta de exercicio físico, o consumo de alcohol, a terapia hormonal substitutiva durante a menopausa, a radiación ionizante, a idade precoz da primeira menstruación, ter fillos en idade tardía ou non ter tido fillos. Entre o 5 e o 10% dos casos son causados por xenes herdados dos pais da persoa, entre os cales están o BRCA1 e o BRCA2. O cancro da mama desenvólvese polo xeral nas células do revestimento das canles mamarias e dos lóbulos onde se produce o leite. Os cancros que se desenvolven nas canles son denominados carcinomas ductais, mentres que os que se desenvolven nos lóbulos son denominados carcinomas lobulares. Existen 18 sub-tipos de cancro da mama. Algúns cancros desenvólvense a partir de condicións premalignas como o carcinoma ductal in situ. A diagnose de cancro da mama é confirmado a través dunha biopsia do nódulo en cuestión. Unha vez realizada a diagnose, realízanse máis exames para determinar se o cancro se diseminou fóra da mama e a que tratamentos pode responder.
|
Sobre Galicia
|
A galegofobia ou galaicofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916. As primeiras manifestacións de galegofobia correron a cargo de múltiples e sobranceiros literatos en lingua castelá ( Miguel de Cervantes, no seu Quixote, como exemplo destacado), mais tamén é posible rastrexala na historiografía nacionalista española (cuxa figura paradigmática é Menéndez Pidal) ou mesmo nos ámbitos político e televisivo contemporáneos.
Se ben é certo que os meirandes e máis numerosos exemplos de galegofobia proceden do ámbito hispánico, tamén existiu (e segue a existir) a nivel europeo e internacional.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
- 1384, Jadwiga de Polonia é coroada Rei (sic) de Polonia.
- 1532, Francisco Pizarro (na imaxe) fai prisioneiro a Atahualpa cando este visitaba o campamento español.
- 1621, a Igrexa Católica Latina adopta como comezo oficial do ano o primeiro de xaneiro. Daquela, o ano comezaba en marzo.
- 1625, morre Sofonisba Anguissola, pintora italiana considerada a primeira muller pintora de éxito do Renacemento
- 1945, fúndase a UNESCO.
- 1977, apróbase o ingreso de España no Consello de Europa.
- 2002, diagnostícase o primeiro abrocho da Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS) en Guangdong, China.
Hoxe é o Día Internacional para a Tolerancia.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
Presentación
|
|
Participación
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 149 851 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 264 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|