editar
A
Ilíada (en
grego antigo:
Ἰλιάς,
AFI: [iːliás]) é, xunto coa
Odisea, o primeiro gran poema da
literatura grega e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas as dúas xeralmente a
Homero, foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (
paideia) e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas. Os estudosos disputan se Homero existiu, cando, e se nomea a un único individuo ou a un grupo de rapsodos.
Evaristo de Sela publicou en 1977 en Vigo unha tradución parcial ao galego da Ilíada na colección Pombal de Edicións Castrelos. Do mesmo tradutor é a versión completa de 1990 baixo o selo do Consello da Cultura Galega, os cales son responsables tamén da tradución da Odisea, aparecida en 1992.