Artigo destacado
As festas de San Froilán teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán. Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo en 2006. Son as últimas festas de importancia que se celebran no ano en Galicia.
As festas de San Froilán foron consideradas, en palabras de Álvaro Cunqueiro como "as máis belas do outono galego". A celebración comezou sendo relixiosa. No ano 1600, a diocese de Lugo estableceuna como festa eclesiástica cinco anos antes de que San Froilán (832?-905) fose declarado oficialmente patrón da cidade e da diocese. No 1754, a celebración relixiosa foi acompañada por outra popular. Este ano está considerado como o de inicio das festas como se coñecen hoxe en día. No século XXI, o aspecto de feira de gando tradúcese nun desfile de gando polo centro da cidade e un salón multisectorial, chamado Expolugo, que se celebra no pazo de feiras e congresos. As casetas do polbo son tamén unha reminiscencia do tempo en que o San Froilán era unha inmensa feira. Lugar de interese
O Pazo de San Marcos, situado no centro da cidade de Lugo, na praza de San Marcos; é a actual sede da Deputación de Lugo. É un edificio que consta de dous andares con planta en forma de "E", rodeados por xardíns. Conta tamén con salas de exposicións no seu interior.
O Pazo de San Marcos foi construído en 1866, sendo na súa orixe un hospital. Para a súa construción, foron mercadas unhas cortiñas e derrubada unha capela. Máis tarde sería convertido nun Instituto de Ensino Medio, para ser utilizado na actualidade como sede da Deputación de Lugo e como sala de exposicións. Atópase situado dentro do recinto amurallado da cidade de Lugo, ocupando case enteiramente unha das bandas da rúa San Marcos, a cal foi convertida nunha praza peonil, rematada en maio de 2011. Imaxe destacada
Biografía destacada
Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. En 1990 foille dedicado o Día das Letras Galegas.
Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, na súa poesía obsérvanse influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|