Portal:Roma antiga

Portal:Roma antiga/Cabezallo

Artigo destacado

editar

Lar de bronce do século I.
A escultura da Roma antiga comprende a obra escultórica desenvolvida en toda a área de influencia do Imperio Romano, co foco central en Roma, entre o século VI a. C. e o século V. Orixinariamente derivou da escultura grega, principalmente a través da herdanza da escultura etrusca e, posteriormente, xa dun xeito directo durante o período helenístico, por contacto coas colonias da Magna Grecia e da mesma Grecia.

A tradición grega foi unha referencia constante ao longo da historia de Roma, pero contradicindo a crenza popular estendida que afirma que os romanos foron máis imitadores que creadores, sábese que non só foron quen de asimilar e desenvolver as súas fontes con mestría, senón que tamén contribuíron dun xeito orixinal nesta tradición.

Despois da consolidación do Imperio, outras influencias estranxeiras, maiormente orientais, determinaron un lento mais progresivo afastamento do canon grego en dirección a unha simplificación formal de tendencia abstracta, que estabeleceu as bases da arte bizantinapaleocristiá e medieval.

O hábito xeneralizado da copia de obras gregas máis antigas e a permanencia de alusións ao clasicismo grego ao longo de toda a súa historia, mesmo a través do cristianismo primitivo, mantivo vivas unha tradición e unha iconografía que doutro xeito poderían terse perdido. Boa parte do noso coñecemento da cultura e da arte da Grecia antiga transmitiuse desta forma, e maila escultura romana —xunto coa grega— tivo fundamental importancia na formulación da estética do Renacemento e do Neoclasicismo, testemuñando a súa vitalidade e significancia até tempos máis modernos, alén de estar considerada coma un dos corpos artísticos máis importantes da cultura occidental.

Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada

editar

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nacido en Veletri o 23 de setembro do 63 a. C. e falecido o 19 de agosto de 14 , foi o primeiro emperador romano. Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in