Segunda Guerra Mundial
editar A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.
Artigo destacado
A Guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940, coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, o que repercutiu na reputación internacional do país. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país. Os fineses, pola súa parte, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.
Imaxe destacada
Muller traballando nunha fábrica en Fort Worth, Texas. Durante o conflito foi unha constante entre os aliados a incorporación de mulleres ás fábricas, en substitución dos homes que loitaban na guerra. Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (7) Artigos bos (4) Personalidade destacada
Sir Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, isto último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.
Sabías que...
Categorías
Contido relacionado
|