Artigo destacado
O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Real Club Celta Zorka é un club de baloncesto femenino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.
O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amáis de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición. Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, a LF-2, na que compite dende a tempada 2012-13. Lugar de interese
O Teatro García Barbón é un teatro da cidade de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica. É propiedade da entidade bancaria ABANCA e ten capacidade para algo menos de 1.000 espectadores.
O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe no Teatro Rosalía de Castro, desaparecido polo lume no mes de febreiro de 1910, que estaba localizado no mesmo emprazamento e cuxos derradeiros propietarios foron os herdeiros de Xosé García Barbón. Logo do lume as sobriñas de García Barbón encargaron un ambicioso proxecto de complexo cultural ao arquitecto Antonio Palacios, que foi realizado entre 1913 e 1927, sendo inaugurado o 23 de abril dese ano. En 1970 foi adquirido pola Caja de Ahorros de Vigo (despois Caixanova, logo Novacaixagalicia e finalmente Afundación) A parte exterior do teatro foi construída en bloques de granito nun estilo neobarroco dentro da corrente modernista de comezos do século XX. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
María Castro Jato, nada en Vigo o 30 de novembro de 1981, é unha deportista, presentadora, modelo e actriz galega.
Fíxose popular en Galicia a raíz do seu papel na serie Pratos combinados. Máis tarde traballou no serial xuvenil de LaSexta SMS (2006) e a principios de 2008 converteuse nunha das protagonistas da serie Sin tetas no hay paraíso, en Telecinco, que lle reportou unha grande popularidade a nivel de España. Ademais, en 2008 foi elixida por Telecinco para retransmitir as badaladas de fin de ano xunto ó presentador Christian Gálvez. Entre os seus traballos cinematográficos destacan os filmes galegos Días azuis e Os mortos van á présa. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|