Portland Trail Blazers | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Fundación | 1970 |
Cores | Vermello, negro |
Retirados | 12 (1, 13, 14, 15, 20, 22, 30, 30, 32, 36, 45, 77) |
Localización | |
Cidade | Portland, Oregón |
Pavillón | Moda Center |
Capacidade | 19.441 espectadores |
Inauguración | 12 de outubro de 1995 |
Persoal | |
Propietario(s) | Paul Allen |
Director | Neil Olshey |
Adestrador | Terry Stotts |
Títulos | |
Campión | 1 (1977) |
Conferencia | 3 (1977, 1990, 1992) |
División | 5 (1978, 1991, 1992, 1999, 2015) |
blazers.com |
Os Portland Trail Blazers son un equipo de baloncesto profesional, da cidade de Portland, Oregón). Forman parte da División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Trail Blazers xogaban os seus encontros coma local no Memorial Coliseum antes de trasladarse ó Moda Center (chamado Rose Garden ata 2013) en 1985.
A franquía entrou na liga en 1970, e chegou ás Finais da NBA en tres ocasións, conseguindo o seu único campionato en 1977. As súas outras Finais disputadas foron nos anos 1990 e 1992. Os Blazers clasificáronse para os playoffs en 31 tempadas, incluíndo unha xeira de 21 tempadas consecutivas entre os anos 1983 e 2002, a segunda xeira máis longa da historia da NBA.[1]
Seis xogadores incluídos no Hall of Fame xogaron para os Trail Blazers: Lenny Wilkens, Bill Walton, Clyde Drexler, Dražen Petrović, Arvydas Sabonis, e Scottie Pippen. Bill Walton é un xogador máis galardoado da franquía, tras conseguir o Premio Bill Russell ao MVP das Finais da NBA en 1977, e o premio ó MVP da Tempada ó ano seguinte. Catro rookies dos Blazers conseguiron o galardón ó Rookie do Ano da NBA: Geoff Petrie, Sidney Wicks, Brandon Roy e Damian Lillard. Dous adestradores do Hall of Fame adestraron ós Blazers, Lenny Wilkens e Jack Ramsay, e outros dous conseguiron o galardón ó Adestrador do Ano da NBA, Mike Schuler e Mike Dunleavy.