Porto de Barcelona

Port Vell.

O porto de Barcelona é o porto marítimo, industrial, comercial e pesqueiro da cidade de Barcelona, situado entre a nova desembocadura do río Llobregat e o barrio da Barceloneta, no mar Mediterráneo.

O Porto de Barcelona pódese dividir no porto comercial (principalmente carga en contedores), o porto cidadán (cruceiros, ferris, zonas de lecer, o Port Vell), o porto enerxético e o porto loxístico. Cada unha destas actividades dispón dun espazo propio e separado das outras, con instalacións e persoal especializado. É o maior porto do Mediterráneo en tráfico de cruceiros e o cuarto do mundo só detrás dos portos do Caribe.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in